Archive for julio, 2018

Comentarios desactivados en Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto

Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto


2018
07.17

 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, estará desde o día 20 ao 30 de xullo representando o noso folclore no XXXVIII Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto, e no XXXVII Festival Internacional de Folclore de Paranhos.

 

Durante estes dez días percorrerá distintos lugares da cidade portuguesa nos que mostrará as músicas e os bailes de Galicia en pequenas intervencións organizadas polo Rancho Folclórico de Paranhos.

 

Se estás pensando en visitar Oporto, agora é o momento… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

20180713_041101

 

Os grupos que participarán con nós son: «Uzory» de Rusia, «Burgisi de Marsala» de Italia, «Ekonóm» de Eslovaquia, «Marula» de Georgia, «Les Troubadoures du Mont Royal» de Francia, «Cultura e Tradición Mexicana» de México, e como non podía ser doutro xeito, «Rancho Folclórico de Paranhos da Beira», e os organizadores «Rancho Folclórico de Paranhos» de Portugal.

Comentarios desactivados en Pechado por vacacións

Pechado por vacacións


2018
07.16

 

A oficina da asociación permanecerá pechada polas vacacións do verán ata setembro.

 

Para contactar con nós podes facelo a través do correo electrónico traspes@traspes.com, teléfono 886 116 033, facebook, instagram, twitter, youtube e spotify.

 

Pasade un bo verán!!

 

Pechado por vacacións

Comentarios desactivados en Programación Festa da Cultura de Vigo

Programación Festa da Cultura de Vigo


2018
07.12

 

Aquí deixamos toda a programación que terá lugar esta fin de semana na Porta do Sol, na Festa da Cultura de Vigo que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

Traspés estaremos o sábado 14 ás 20 h.

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

36810594_2180140918682175_7623010326933405696_n

Comentarios desactivados en Festa da Cultura de Vigo

Festa da Cultura de Vigo


2018
07.06

 

Un ano máis chega a Festa da Cultura de Vigo organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

O evento terá lugar os días 13 e 14 de xullo na Porta do Sol, onde haberá multitude de actuacións, pasarrúas e concertos… O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés realizará a súa intervención o sábado 14 facendo o pasarrúas desde a Sede do Celta de Vigo ás 19:40 h., e a actuación no palco do Sireno ás 20:00 h.

 

Non o perdas… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

 

En breve subiremos toda a programación.

 

36485900_2168386086524325_6878646302163337216_n

Comentarios desactivados en Vacacións de Verán

Vacacións de Verán


2018
07.06

 

Despois deste fantástico curso escolar, as aulas toman un pequeno descanso durante os meses de verán, pero voltaremos con máis forza en setembro… estade atentos ás novidades…

 

Desde a Asociación Cultural Traspés só podemos dar as grazas a tódol@s alumn@s por este maravilloso ano!!

 

IMG_20180703_160011_026