Archive for diciembre, 2018

Comentarios desactivados en Gaiteiros da A.C. Traspés en Navia

Gaiteiros da A.C. Traspés en Navia


2018
12.27

 

Este venres, día 28 de decembro, o Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Traspés, actuará polas prazas e rúas do barrio vigués de Navia, dentro da programación do Concello de Vigo polo Nadal coa animación das rúas.

 

Andaremos por San Paio de Navia de 19 a 20 h., facendo varios pasarrúas pola zona.

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

IMG-20161206-WA0010

Comentarios desactivados en Felices Festas!!

Felices Festas!!


2018
12.21

 

Desde a Asociación Cultural Traspés, desexámosvos que teñades unhas felices festas e un bo 2019!!

 

Moitas grazas pola confianza depositada en nós, e pola vosa amizade.

 

Postal Nadal Traspés 2018-19

Comentarios desactivados en Vacacións de Nadal!!

Vacacións de Nadal!!


2018
12.21

 

A Asociación Cultural Traspés, permanecerá pechada polas vacacións de Nadal, desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 6 de xaneiro de 2019, reanudando a súa actividade o día 7.

 

Para poñervos en contacto con nós podedes facelo a través do correo electrónico traspes@traspes.com, no teléfono 886 116 033, facebook traspès, instagram traspess ou twitter @trasps1.

 

Que teñades unhas felices vacacións e un bo descanso!!

 

DSC06621

Comentarios desactivados en Traspés na Vila de Bouzas

Traspés na Vila de Bouzas


2018
12.19

 

Este domingo, día 23 de decembro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará polas prazas e rúas de Bouzas dentro da programación do Concello de Vigo polo Nadal coa animación das rúas.

 

Andaremos pola Vila de 19 a 20 h., comezando na Praza de «La Pérgola» e rematando na Alameda.

 

VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

FB_IMG_1512332186282