Os vindeiros días 4, 5 e 6 de marzo, cadrando coas vacacións de entroido, non haberá aulas de escola na Asociación Cultural Traspés.
Desculpade as molestias e pasádeo ben nas distintas celebracións que temos no país!!
Vémonos á volta…

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de marzo, cadrando coas vacacións de entroido, non haberá aulas de escola na Asociación Cultural Traspés.
Desculpade as molestias e pasádeo ben nas distintas celebracións que temos no país!!
Vémonos á volta…
Pola presente informamos a tódolos/as socios/as da vindeira Asemblea Xeral, Ordinaria e Extraordinaria, que se celebrará no local da Asociación Cultural Traspés este domingo día 24 de febreiro ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12:30 h. en segunda.
Trataremos os seguintes puntos do día:
Asemblea Xeral Ordinaria:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
2. Estado de contas e balance anual.
3. Cese da Xunta Directiva por transcurso do prazo para o que foron elixidos.
4. Rogos e preguntas.
Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Elección da nova Xunta Directiva.
O vindeiro 26 de maio celebraremos o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, coma sempre será no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, en sesións de mañá e tarde.
Anotade a data nas vosas axendas!!
Por certo, buscamos patrocinadores e colaboradores, se estás interesado en apostar por este proxecto, ponte en contacto con nós e enviámosche un mail coa oferta publicitaria…
Este venres día 01 de febreiro, as pandereteiras e os pandereteiros da asociación andarán tocando por Bembrive (Vigo) pola festividade do San Brais.
A cita terá lugar no furancho Vilamelle arredor das 22:30 h.
VEN TROULEAR CON NÓS!!