Archive for marzo 24th, 2019

Comentarios desactivados en Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo

Traspés na Festa da Reconquista da Vila de Vigo


2019
03.24

Os vindeiros días 30 e 31 de marzo, vaise celebrar no Casco Vello de Vigo a Festa da Reconquista, e coma tódolos anos Traspés estará presente co seu stand de comida e bebida.

Nesta edición, a nosa ubicación será na Rúa San Vicente, xusto na parte de atrás do edificio da UNED.

Como é habitual, o noso posto terá música e baile durante as 48 horas que dura a celebración, aínda así haberá concertos oficiais dos distintos grupos da asociación.

Sábado 30 de marzo:

  • 14:00 a 17:00 h. pasarrúas do Grupo de gaitas da escola da A.C. Traspés
  • 17:00 h. Pandereteiras Recoiro da escola da A.C. Traspés
  • 18:00 h. Pandereteiras Traspés
  • 19:00 h. Charanga Traspés
  • 20:00 h. Pandereteiros Traspés

Domingo 31 de marzo:

  • 12:00 h. Escola infantil de baile da A.C. Traspés
  • 12:20 h. Escola infantil de pandeireta da A.C. Traspés
  • 12:40 h. Escola de pandeireta adultos da A.C. Traspés
  • 13:00 h. Escola de gaita e percusión da A.C. Traspés


VEN TROULEAR CON NÓS!!