Archive for abril, 2019

Comentarios desactivados en Día Internacional da Danza

Día Internacional da Danza


2019
04.22

Este sábado día 27 de abril, celébrase en Vigo o Día Internacional da Danza con actuacións de baile por distintos puntos da cidade, e o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará xunto aos grupos Helios de Bembrive, Andarela e A Buxaina de Coruxo, no acto central que dará comezo ás 18:45 h. coa lectura do Manifesto na Praza da Princesa.

Os outros puntos da cidade nos que tamén haberá actuacións simultáneas son a Rúa do Príncipe (diante do MARCO), Mercado do Calvario, e a Praza do Barrio das Flores (Teis).

Esperámoste… VEN TROULEAR CON NÓS!!

Comentarios desactivados en VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2019
04.10

O vindeiro día 26 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.

O prazo de inscrición remata o día 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos. 

Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición:

AXUDÁDENOS A DIFUNDIR!!
Comentarios desactivados en Vacacións de Semana Santa

Vacacións de Semana Santa


2019
04.08

A vindeira semana, coincidindo cos festivos de Semana Santa, a Asociación Cultural Traspés permanecerá pechada desde o luns día 15 ata o luns día 22 (ambos incluidos).

Nestes días tampouco haberá aulas de escola na entidade.

Pasade unhas boas vacacións!