Archive for mayo, 2019

Comentarios desactivados en Traspés en Pontevedra

Traspés en Pontevedra


2019
05.29

Este venres día 31 de maio, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará, como grupo convidado, no XLVIII Día da Muiñeira de Pontevedra que organiza a Asociación Duos Pontes.

O acto terá lugar na Avenida Montero Ríos a partir das 20 h.

Ven troulear con nós!

Vémonos o venres na Boa Vila…

Comentarios desactivados en Resultados do VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados do VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2019
05.27

Non podemos publicar os resultados do noso VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado hoxe día 26 de maio de 2019, no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), sen antes reiteirar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.

Este concurso foi patrocinado polas seguintes entidades: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Panadería e catering El Trigal, Codisoil S.A., De Cotío e Cóctel bar Sinatra.

Tamén colaboraron no mesmo, as seguintes empresas: Intalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Pelomanía by Ani, artesán Sito Guimeráns, restaurante Cielito Lindo e Bulideira.

E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a relizar este dificultoso traballo: María Xosé Martínez, Ana Edreira e Gustavo Couto.

Neste VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: As Buxainiñas, do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
2º Premio: Pingas de son, da A.C. Xacarandaina (A Coruña)
3º Premio: Grupo D, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Accésit de vestiario: Grupo C, da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:

1º Premio: Soalleiriños, da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
3º Premio: Luís e Bieito, da A.F. Santiaguiños (Boimorto)
Accésit de vestiario: Os d’eiquí de Taboada

Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:

1º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
3º Premio: Grupo A, da A.C. Retranqueiros (Ames)
Premio ao mellor vestiario: Grupo A, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)

Moitísimas grazas aos 43 grupos pola súa participación neste certame, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!!

Comentarios desactivados en VII Festival de Baile Moderno da ACDC

VII Festival de Baile Moderno da ACDC


2019
05.24

Este domingo día 26 de maio, o Grupo de Baile Moderno da Escola da A.C. Traspés estará actuando no VII Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, o evento terá lugar no auditorio da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa «Helios» de Bembrive (Vigo) ás 18 h.

Xunto ao noso grupo, actuarán tamén: As Sereas de Valladares, Giros de Atlántida de Matamá e Helios de Bembrive.

Comentarios desactivados en VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2019
05.23

Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas de ata 16 anos, e a da tarde coa categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentras delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).

Este concurso non sería posible sen o patrocinio das seguintes entidades:

  • Excelentísima Deputación de Pontevedra
  • Concello de Vigo
  • Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
  • Panadería, pastelería, catering e café El Trigal
  • Codisoil S.A.
  • De Cotío
  • Cóctel bar Sinatra

E tamén cos seguintes colaboradores:

  • Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
  • Obradoiro de costura Saiáns
  • Obradoiro de gaitas Gil
  • Obradoiro de gaitas Afonso Castro
  • Obradoiro de gaitas Seivane
  • Mercería e complementos tradicionais Crespo
  • Artesán Sito Guimeráns
  • Pelomanía by Ani
  • Restaurante Cielito Lindo
  • Bulideira
Comentarios desactivados en Pandereteiros Traspés no III Interritmos

Pandereteiros Traspés no III Interritmos


2019
05.02

Este sábado día 4 de maio, os Pandereteiros Traspés participarán no III Festival INTERRITMOS: Baile e música tradicional.

A cita terá lugar ás 20:45 h. na Praza da Porta do Sol de Ribeira (A Coruña).

VEN TROULEAR CON NÓS!!