Archive for julio, 2019

Comentarios desactivados en Pandereteiras e Pandereteiros Traspés en Teis

Pandereteiras e Pandereteiros Traspés en Teis


2019
07.23

Este vindeiro mércores día 24 de xullo, co gallo da Celebración do Día de Galicia, as Pandereteiras e os Pandereteiros Traspés andarán a partir das 19:30 h., tocando e cantando en distintos puntos da Zona Teis Centro Comercial Aberto.

VEN TROULEAR CON NÓS!! E coñece os distintos negocios e locais do entorno…

Comentarios desactivados en Pandereteiras e Pandereteiros Traspés na Retrofoliada!

Pandereteiras e Pandereteiros Traspés na Retrofoliada!


2019
07.10

Este sábado día 13 de xullo, as pandereteiras e os pandereteiros Traspés estarán participando na Retrofoliada que organiza o grupo Retrouso.

A cita terá lugar no Eirado de Cela (Bueu) a partir das 22 h.

VEN TROULEAR CON NÓS!!

Comentarios desactivados en Festa da Cultura de Vigo

Festa da Cultura de Vigo


2019
07.10

Outro ano máis chega a Festa da Cultura de Vigo que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da Cidade. Nesta ocasión será os días 11, 12 e 13 de xullo, e coma sempre a cita terá lugar na Porta do Sol.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará na nomeada festa o sábado día 13 de xullo, comezando o seu pararrúas desde a Sede do Celta de Vigo ás 19:50 h. e facendo a súa intervención no Sireno ás 20:15 h.

Deixamos aquí abaixo toda a programación coas distintas actuacións e concertos programados.

Ven troulear con nós!