Archive for octubre, 2019

Comentarios desactivados en Lotaría de Nadal!!

Lotaría de Nadal!!


2019
10.28

Outro ano máis, xa temos en Traspés a lotaría de Nadal co mesmo número de tódolos anos, o 10.536

Para conseguila podes pasar pola asociación ou poñerte en contacto con calquera dos compoñentes do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.

Son participacións de 5 €, e recorda, esta sempre toca!!

Comentarios desactivados en XV Encontro Folclórico da ACDC

XV Encontro Folclórico da ACDC


2019
10.21

Este domingo día 27 de outubro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estará no auditorio da S.C.D.R. Helios de Bembrive (Vigo) a partir das 18 h. no encontro folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Ademais tamén estarán no encontro os grupos Andarela e Helios de Bembrive.

VEN TROULEAR CON NÓS!!

Comentarios desactivados en Pandereteiros Traspés nos Seráns en Compostela

Pandereteiros Traspés nos Seráns en Compostela


2019
10.21

Este vindeiro venres día 25 de outubro, a partir das 23 h., n’A nave de Vidán (Santiago de Compostela), estará actuando o noso grupo de pandereteiros no Serán que organiza a asociación Seráns en Compostela.

Xunto a eles estarán dous grandes grupos como son Rosalía de Castro (Cacheiras) e Os Campantes da Baña… Despois hai foliada aberta para que toquemos e bailemos todos xuntos.

VEN TROULEAR CON NÓS!!