Archive for diciembre, 2019

Comentarios desactivados en FELICES FESTAS!

FELICES FESTAS!


2019
12.23

Desde a Asociación Cultural Traspés, desexámosvos a todos que teñades un Bo Nadal e un Feliz 2020 cargado de moita música e moito baile.

Boas Festas!!

Comentarios desactivados en Vacacións de Nadal

Vacacións de Nadal


2019
12.20

Marchamos de vacacións…

Desde o vindeiro luns día 23 de decembro, ata o martes 7 de xaneiro, a Asociación Cultural Traspés estará pechada, así como tamén estarán de descanso as súas aulas de escola (ámbolos días incluídos).

Para contactar con nós nestes días, podédelo facer a través de calquera das redes sociais (facebook, instagram, twitter), correo electrónico (traspes@traspes.com) ou teléfono (886116033).

Desfrutade destas datas coas vosas familias e que teñades un bo Nadal e unha boa entrada de ano!!

Comentarios desactivados en Escola de Gaita en Pereiró

Escola de Gaita en Pereiró


2019
12.17

O venres día 27 de decembro, o Grupo de Gaitas e Percusión da Escola da Asociación Cultural Traspés, andará de 19 a 20 h. facendo un percorrido pola zona de Pereiró, dentro da programación de animación de rúa polo Nadal do Concello de Vigo.

VEN TROULEAR CON NÓS!

Comentarios desactivados en Escola de Gaita en Teis

Escola de Gaita en Teis


2019
12.17

O luns día 23 de decembro, o Grupo de Gaitas e Percusión da Escola da Asociación Cultural Traspés, andará de 19 a 20 h. facendo un percorrido pola rúa Sanjurjo Badía, dentro da programación de animación de rúa polo Nadal do Concello de Vigo.

VEN TROULEAR CON NÓS!

mde
Comentarios desactivados en Escola de Pandeireta na Industria

Escola de Pandeireta na Industria


2019
12.17

O sábado día 21 de decembro, ás 17 h. na Praza da Industria de Vigo, celebrarase a chegada do Apalpador, e para poñerlle unha nota de música ao evento, estará o noso Grupo Infantil da Escola de Pandeireta da Asociación Cultural Traspés.

VEN TROULEAR CON NÓS!

Comentarios desactivados en Traspés en Navia

Traspés en Navia


2019
12.17

Este sábado día 21 de decembro, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará en San Paio de Navia no programa de animación de rúas polo Nadal do Concello de Vigo.

Percorreremos as rúas do barrio desde as 12 do mediodía ata as 13 h.

VEN TROULEAR CON NÓS!