Archive for septiembre, 2020

Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2020
09.23

O vindeiro día 18 de outubro, no Auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), terá lugar o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nesta edición celebrarase nunha única sesión pola tarde.

O prazo de inscrición remata o día 12 de outubro, e o único medio para facela é enviando a folla debidamente cumprimentada ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos xa que este ano só imos rexistrar 10 grupos por categoría.

Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición.

Axudádenos a difundir!

#aculturaésegura #aculturasegue #concursotraspés

Comentarios desactivados en Curso 20/21

Curso 20/21


2020
09.17

Estamos xa no mes de inscricións na Asociación Cultural Traspés.

O día 1 de outubro comezamos coas aulas, recorda facer a túa preinscrición para non quedar sen praza!!

Comentarios desactivados en Estamos de volta!

Estamos de volta!


2020
09.03

Comezamos co curso escolar 2020/2021, neste mes de setembro estará aberto o prazo de inscrición, e a partir do 1 de outubro retomaremos as aulas.

Voltamos con tódalas medidas de seguridade necesarias e tamén con aforos limitados de alumnos/as, polo que non demoredes moito na inscrición, non vaiades quedar sen praza!

Para facer a inscrición podedes escribirnos ao correo electrónico traspes@traspes.com, chamarnos ao teléfono 886 116 033 ou enviar unha mensaxe privada ao facebook (traspès), intagram (traspess) ou twitter (trasps1).

Os horarios de oficina para as inscricións presenciais serán:
· Luns de 16 a 19 e de 21:30 a 23 h.
· Mércores de 16 a 18 h.
· Xoves de 16 a 19 h.

Podedes consultar os horarios e as medidas de seguridade nos seguintes documentos:

Comentarios desactivados en Festa da Cultura de Vigo 2020

Festa da Cultura de Vigo 2020


2020
09.01

Os vindeiros días 11 e 12 de setembro, terá lugar na Praza de Compostela, unha nova edición da Festa da Cultura que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo en colaboración co Concello.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, fará a súa intervención neste evento o sábado día 12 ás 18:00 h.

Ven troulear con nós!