Archive for octubre, 2020

Comentarios desactivados en Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal

Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal


2020
10.19

Antes de publicar os resultados do noso VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado onte día 18 de outubro de 2020, no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), queremos reiterar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.

Os patrocinadores desta edición tan especial foron: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.

Por outra banda, os colaboradores: Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Pelomanía by Ani, Bulideira e o artesán Sito Guimeráns.

E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a realizar este dificultoso traballo: Daniela Sampayo Gómez, Xandre Outeiro e José Codesido.

Neste VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: A Pedreira, da A.X. Xiradela (Arteixo)
2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
3º Premio: Laretas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Estraloque, da A.V. Emilio Crespo de Navia (Vigo)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:

1º Premio: Abaladeiras de Muxía, da A.C. Abaladeiras (Muxía)
2º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:

1º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
2º Premio: Grupo A, da A.C. Retranqueiros (Ames)
3º Premio: Grupo A, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Premio ao mellor vestiario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Moitísimas grazas aos 18 grupos pola súa participación e valentía, neste certame con estas condicións tan diferentes e xusto no comezo da volta ás aulas e aos ensaios… PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!!

Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2020
10.15

Este domingo día 18 de outubro, celebramos o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.

A cita terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade ás 17 h., e nela participarán tódalas categorías (A, B e C), que comprenden nenos e nenas ata os 11 anos, de 12 a 16 e de máis de 17.

Este evento non sería posible sen o patrocinio por parte da Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.

E tamén contamos coa colaboración de empresas coma Instalaciones del Noroeste S.A., Obradoiro de Costura Saiáns, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Bulideira, PelomaníabyAni, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane e o artesán Sito Guimeráns.

Esperámosvos a todos o domingo nesta edición especial pandemia!

Deixamos por aquí o enlace aos grupos participantes:

Comentarios desactivados en Traspés no Domingo das Mozas

Traspés no Domingo das Mozas


2020
10.06

Este vindeiro domingo día 11 de outubro terá lugar na cidade de Lugo, pola celebración das Festas de San Froilán, a 22 Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas.

As Pandereteiras e os Pandereteiros Traspés estarán a partir das 20 h. na Praza da Horta do Seminario, nos concertos do remate do día, xunto co grupo Os Carunchos.

Achégate a Lugo… VEN TROULEAR CON NÓS!