Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Traspés en San Miguel de Oia
Este domingo día 20 de xuño, dentro da programación do «Camiño a camiño» do Concello de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará ás 12 h. no Parque Forestal de San Miguel de Oia xunto aos grupos Os Ventos de Comesaña e Monteira.
Esta actividade está coordinada pola Agrupación de Centos Deportivos e Culturais de Vigo.
Posted in Sin categoría | Comentarios desactivados en Ludoteca de Verán
Este ano, e por primeira vez na Asociación Cultural Traspés, ofertamos campamentos de verán para nenos e nenas de 6 a 11 anos.
Esta ludoteca terá lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h., coa posibilidade de ampliar unha hora matinal (de 08:00 a 09:00) e/ou tamén unha hora de fiameira (de 14:00 a 15:00).
O prezo semanal para socios/as da entidade é de 50 euros, e se a inscrición é polo mes enteiro a cantidade a pagar serán 150 €, en caso de non ser asociado/a os prezos son 60 €/semanais ou 200 €/mensuais. Suplemento de 25 € pola hora matinal ou fiameira.
A monitora e impulsora destas aulas é Sandra Gómez, técnica especialista en Musicoterapia, monitora de Ludotecas e Centros de ocio infantil, auxiliar de Xardín de Infancia, monitora de comedor e transporte escolar e asistiu, ademáis, a cursiños de formación sobre a filosofía Reggio Emilia.
Próximas actuacións e eventos
· 31 de marzo, 1 e 2 de abril, Festa da Reconquista da Vila de Vigo.
· 15 de abril, GMBT Traspés no Memorial de Henrique Otero (Vigo).
· 07 de maio, Escola de Baile Tradicional da A.C. Traspés no 43º Día da Muiñeira de Vigo.
· 12 de maio, GMBT Traspés no programa Luar (TVG).
· 13 de maio, Escola de Pandeireta Xuvenil da A.C. Traspés ás 14:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 13 de maio, Pandereteiras Recoiro da A.C. Traspés ás 15:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 13 de maio, Escola de Pandeireta Infantil da A.C. Traspés ás 17:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 13 de maio, Pandereteiras Traspés ás 18:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 14 de maio, Escola de Gaita e Percusión Tradicional da A.C. Traspés ás 14:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 14 de maio, Charanga Traspés ás 17:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 14 de maio, Pandereteiros Traspés ás 18:30 h. na Festa da Brincadeira (Bouzas).
· 21 de maio de 2023, XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.