Archive for julio, 2021

Comentarios desactivados en CAMIÑOS

CAMIÑOS


2021
07.22

O vindeiro domingo, día 25 de xullo ás 22 h., o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés estrea ‘CAMIÑOS’.

Esta III Mostra de Música e Baile Tradicional, terá lugar no escenario exterior do Parque de Castrelos, e está enmarcado dentro da programación do XXVII Festival Folclórico Internacional de Vigo que organiza a Asociación Cultural Interfolc.

Non o perdas… Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en XXVII Festival Folclórico Internacional de Vigo

XXVII Festival Folclórico Internacional de Vigo


2021
07.19

Esta fin de semana terá lugar no Parque de Castrelos o XXVII Festival Folclórico Internacional de Vigo, organizado pola asociación cultural Interfolc.

Haberá diferentes concertos e actuacións, entre a que se atopa a do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés o domingo 25 de xullo ás 22 h.

Esperámosvos a todos por alí… Ven troulear con nós!

Comentarios desactivados en Baile Irlandés en Paraños

Baile Irlandés en Paraños


2021
07.14

Este vindeiro sábado, 17 de xullo, o grupo de baile irlandés da escola da A.C. Traspés, estará a partir das 22 h. na parroquia de Paraños, no concello de O Covelo.

Achégate a desfrutar con estes bailes celtas…

Comentarios desactivados en Horario de verán na oficina!

Horario de verán na oficina!


2021
07.02

No mes de xullo modificamos o horario de oficina, quedando da seguinte maneira:

· Luns de 16 a 18: 30 h.
· Mércores de 16 a 21:30 h.
· Xoves de 19 a 20:30 h.

Para atención presencial en horario diferente, contactar no teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com, ou a través das nosas redes sociais.