Archive for septiembre, 2021

Comentarios desactivados en IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2021
09.07

O vindeiro día 24 de outubro, no Auditorio do C.V.C. de Valladares (Vigo), terá lugar o IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nesta edición volveremos celebralo en dúas sesións, mañá e tarde.

O prazo de inscrición remata o día 12 de outubro, e o único medio para facela é enviando a folla debidamente cumprimentada ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos xa que hai un límite de agrupacións por categoría.

Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición.

Axudádenos a difundir!

#aculturaésegura #aculturasegue #concursotraspés

Comentarios desactivados en Curso 2021-2022

Curso 2021-2022


2021
09.01

Na Asociación Cultural Traspés, poñémonos en marcha co curso escolar 2021-2022.

Desde o 1 de setembro temos aberto o prazo de matrícula e inscrición nas distintas actividades (matrícula aberta todo o ano), e a partir do 1 de outubro comezamos a impartir as mesmas.

Podes solicitar información ou facer a túa inscrición a través do correo electrónico traspes@traspes.com, no teléfono 886116033, a través de calquera das nosas redes sociais, ou de forma presencial nos seguintes horarios:
· Luns de 16 a 18:30 e de 21 a 23 h.
· Mércores de 16 a 21:30 h.
· Xoves de 19 a 20:30 h.

VEN TROULEAR CON NÓS!