
O luns día 1 de novembro, as Pandereteiras e os Pandereteiros Traspés estarán na Rúa Teixugueiras, en Navia, dentro da programación do Samaín que organiza o Concello de Vigo.
A intervención terá lugar ás 18:30 h.
Vén troulear con nós!

O luns día 1 de novembro, as Pandereteiras e os Pandereteiros Traspés estarán na Rúa Teixugueiras, en Navia, dentro da programación do Samaín que organiza o Concello de Vigo.
A intervención terá lugar ás 18:30 h.
Vén troulear con nós!
Este sábado día 30 de outubro, ás 12 h., a Charanga Traspés estará na Rúa Progreso (Vigo), detrás do MARCO, dentro da Campaña Outono 2021 que organiza a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Vigo Centro.
Vén troulear con nós!!
Antes de publicar os resultados do noso IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado onte día 24 de outubro de 2021, no auditorio do C.V.C. de Valladares (Vigo), queremos reiterar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.
Os patrocinadores desta edición foron: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo e Codisoil S.A.
Por outra banda, os colaboradores: Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Tenda de roupa tradicional Bulideira e Sandra de Seoane fotografía.
E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a realizar este dificultoso traballo: Leni Pérez, Marina Torrado e Pichi Abollado.
Neste IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: A Pedreira, da A.X. Xiradela (Arteixo)
2º Premio: Retranqueiriños, da A.C. Retranqueiros (Ames)
3º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
Accésit de vestiario: Almaiar, do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
2º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
3º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Premio ao mellor vestiario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Moitísimas grazas aos 27 grupos pola súa participación neste certame con estas condicións diferentes e xusto no comezo da volta ás aulas e aos ensaios… PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!!
Este domingo día 24 de outubro, celebramos o IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.
A cita terá lugar no auditorio do C.V.C. de Valladares. Ás 11 h. a sesión matinal coas categorías A e B, e ás 17 h. a sesión de tarde coa categoría C.
Este acto non sería posible sen o patrocinio e a colaboración por parte de entidades públicas coma a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, e tamén empresas privadas coma Codisoil S.A., Obradoiro de Gaitas Gil, Obradoiro de Gaitas Afonso Castro, Obradoiro de Gaitas Seivane, Instalaciones del Noroeste S.A., Crespo mercería e complementos tradicionais, tenda de roupa tradicional Bulideira e Sandra de Seoane fotografía.
Esperámosvos a todos o domingo!
Este sábado día 9 de outubro, ás 18 h. no auditorio da S.C.D.R. Helios de Bembrive (Vigo), terá lugar o XVII Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, no que participará o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.
Ven troulear con nós!