Archive for abril, 2022

Comentarios desactivados en Semana Santa 2022

Semana Santa 2022


2022
04.08

A vindeira semana, a Asociación Cultural Traspés, permanecerá pechada debido ás vacacións de Semana Santa.

Retomaremos a actividade o día 18.

Para poñervos en contacto con nós nestes días, podedes facelo por correo electrónico, teléfono ou redes sociais.

Vémonos á volta!

Comentarios desactivados en Bases e folla de inscrición do X Concurso

Bases e folla de inscrición do X Concurso


2022
04.06

O 22 de maio do presente ano, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar o X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Coma sempre, realizarase en dúas sesións, a da mañá coas categorías A e B, e a da tarde coa categoría C.

Para a inscrición débese enviar debidamente cuberta a folla adxunta ao correo electrónico traspes@traspes.com, e o prazo para realizar a mesma remata o día 1 de maio.

Achegamos a continuación as bases e a folla de inscrición:

Axudádenos a difundir!!

#concursotraspés