Archive for mayo, 2022

Comentarios desactivados en Resultados do X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados do X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2022
05.23

Onte, día 22 de maio de 2022, celebramos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Non podemos publicar os resultados sen antes agradecer o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.

E como non, grazas infinitas a Julia Pozo, María Prego e José Codesido por acceder a exercer de membros do xurado e realizar esa dificultosa tarefa.

Nesta décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os resultados foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: Pituquiñas, da A.C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui)
2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
3º Premio: Mouchiñas, da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:

1º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: Grupo B, da A.F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:

1º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Dorrón)
3º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
Premio ao mellor vesitario: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)

Millóns de grazas ás 34 agrupacións participantes nesta edición e PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!

Comentarios desactivados en X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2022
05.04

O día 22 de maio terá lugar a décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.

Nesta ocasión, o evento terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, e estará dividido en dúas xornadas. Ás 11 da mañá actuarán as categorías A e B, e pola tarde, ás 17 h., a categoría C.

Este acto non sería posible sen o patrocinio e a colaboración por parte de entidades públicas coma a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, e tamén empresas privadas coma Codisoil S.A., Obradoiro de Gaitas Gil, Obradoiro de Gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.

Agardámosvos a todos para celebrar este aniversario concurseiro!!

Comentarios desactivados en Foliada solidaria AGAL

Foliada solidaria AGAL


2022
05.04

O vindeiro 14 de maio, as Pandereteiras Traspés actuarán sobre as 19 h. na Carballeira de Chandebrito (Nigrán) na I Foliada solidaria que organiza a Asociación Galega de Lupus.

Os actos comezarán ás 12 do mediodía e haberá actuacións musicais durante toda a xornada.

Vén troulear con nós!