Archive for junio, 2022

Comentarios desactivados en Festa da Muiñeira

Festa da Muiñeira


2022
06.22

Este domingo, 26 de xuño, terá lugar a primeira Festa da Muiñeira de Vigo organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O evento terá lugar na zona do Náutico a partir das 19:30 h., e ademáis da Escola de Baile Tradicional da Asociación Cultural Traspés, haberá unha morea de agrupacións olívicas que podedes consultar no cartaz.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Festa Fin de Curso 21/22

Festa Fin de Curso 21/22


2022
06.06

O día 19 de xuño ás 12 h. no local social da Asociación Cultural Traspés, terá lugar a Festa de Fin de Curso 2021/2022 no que farán unha pequena exhibición tódolos grupos da nosa escola.

Achégate e troulea con nós!

Comentarios desactivados en Pandereteiras Traspés no Serán03

Pandereteiras Traspés no Serán03


2022
06.06

O vindeiro sábado día 11 de xuño, as Pandereteiras Traspés participarán no Gran Foliadón que se organiza dentro da programación do III Encontro Galego de Cultura Popular, Baile e Música Tradicional: pandeireteiras.

O acto comezará ás 22 h. na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Anímate e vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Festival de Danza Moderna

Festival de Danza Moderna


2022
06.06

Este sábado, día 11 de xuño, o Grupo de Baile Moderno da Escola da Asociación Cultural Traspés, participará no Festival de Danza Moderna que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O encontro terá lugar no auditorio do CSCR de Beade ás 19 h., e tamén estarán os grupos Flashdance de Cabral e O Fiadeiro.

Vén troulear con nós!