Archive for julio, 2022

Comentarios desactivados en TUM TÁ TUM TUM

TUM TÁ TUM TUM


2022
07.28

Este vindeiro sábado día 30 de xullo, o Grupo de Música Tradicional Traspés actuará no II Festival da Percussão que se celebra en Carrazeda de Ansiães (Portugal).

A Charanga, as Pandereteiras e os Pandereteiros farán pequenos concertos na Praza principal do Municipio a partir das 21 h. (PT) neste evento que organiza De Mi Para Si.

Podedes ver toda a programación no seguinte enlace: http://www.demiparasi.com/

Comentarios desactivados en Pandereteiros en Ribadelouro

Pandereteiros en Ribadelouro


2022
07.20

Este sábado 23 de xullo ás 21 h., os Pandereteiros Traspés participarán na Noite de Folclore que organiza a Asociación Cultural Santa Columba en Ribadelouro (Tui).

Estarán tamén a Banda de Gaitas Arume de Malvas e o grupo anfitrión.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Horario de oficina en xullo!

Horario de oficina en xullo!


2022
07.06

No mes de xullo modificamos o noso horario de oficina, quedando da seguinte maneira:

Luns de 16 a 18:30 h.
Mércores de 16 a 21:30 h.
Xoves de 19 a 20:30 h.

Para atención presencial noutro horario podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com ou a través de calquera das nosas redes sociais.