Archive for marzo, 2023

Comentarios desactivados en Festa da Reconquista 2023

Festa da Reconquista 2023


2023
03.29

Coma tódolos anos a Asociación Cultural Traspés estará presente na Festa da Reconquista da Vila de Vigo co seu posto de productos gastronómicos.

Nesta ocasión a ubicación será na Praza da Pedra os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril.

Esperámosvos a todos/as, lembrade que temos moita música, moita festa e moita comida e bebida.

Atentos ás nosas redes sociais para os horarios das actuacións.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en Bases e folla de inscrición XI Concurso

Bases e folla de inscrición XI Concurso


2023
03.28

O 21 de maio do presente ano, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar o XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Coma sempre, realizarase en dúas sesións, a da mañá coas categorías A e B, e a da tarde coa categoría C.

Para a inscrición débese enviar debidamente cuberta a folla adxunta ao correo electrónico traspes@traspes.com, e o prazo para realizar a mesma remata o día 1 de maio.

Achegamos a continuación as bases e a folla de inscrición:

Axúdanos a difundir!!

#concursotraspés