Archive for mayo, 2023

Comentarios desactivados en Resultados do XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Resultados do XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés


2023
05.22

Onte, día 21 de maio de 2023, celebramos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o XI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.

Non podemos publicar os resultados sen antes agradecer o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.

E como non, grazas infinitas a Carme López, Guillerme Ignacio e Pedro Brañas por acceder a exercer de membros do xurado e realizar esa dificultosa tarefa.

Nesta décimo primeira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os resultados foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: Grupo Infantil de Pandeireta Peis d’hos, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
2º Premio: Caramuxos, da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
3º Premio: Os Castros, dos Xeitosos de Trazo (Trazo)
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:

1º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: As Buxainiñas escola xuvenil do Etnográfico A Buxaina, do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)

Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:

1º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Retranqueiras, da A.C. Retranqueiros (Ames)
Premio ao mellor vesitario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Millóns de grazas ás 31 agrupacións participantes nesta edición e PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!

Comentarios desactivados en XI Concurso Traspés

XI Concurso Traspés


2023
05.15

Este domingo 21 de maio terá lugar a décimo primeira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, e por segundo ano, celebrarase no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

A xornada de mañá na que participarán as categoría A e B comezará ás 11 h., e a categoría C terá lugar pola tarde, ás 17 h.

O evento conta co patrocinio do Concello de Vigo, da Deputación de Pontevedra, de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e Bulideira tenda de roupa tradicional.

#concursotraspés #traspés #traspès

Comentarios desactivados en XVIII Festa da Brincadeira

XVIII Festa da Brincadeira


2023
05.10

Esta fin de semana, 13 e 14 de maio, celébrase en Bouzas a Festa da Brincadeira, e Traspés estará presente actuando con varios grupos no escenario situado na rúa Eduardo Cabello.

As intervencións por parte dos grupos de Traspés serán as seguintes:

· Rudilleiras – sábado ás 14:30 h.
· Recoiro – sábado ás 15:30 h.
· Ferbellicos – sábado ás 17:30 h.
· Pandereteiras Traspés – sábado ás 18:30 h.

· Escola de gaita e percusión tradicional – domingo ás 14:30 h.
· Charanga Traspés – domingo ás 17:30 h.
· Pandereteiros Traspés – domingo ás 18:30 h.

Vén troulear con nós!

Comentarios desactivados en 43º Día da Muiñeira de Vigo

43º Día da Muiñeira de Vigo


2023
05.05

Este domingo día 7 de maio, a Asociación Cultural Interfolc recupera o tradicional Día da Muiñeira de Vigo, que terá lugar como xa era habitual, na rúa Venezuela ás 12 h.

Nesta edición participará a Escola de Baile Tradicional Traspés, que irá acompañada da Escola de Gaita e Percusión da asociación.

Achégate, vén troulear con nós!

#traspés #traspès #escolatraspés #díadamuiñeira #muiñeira #vigo