De Serán en Romaría en DVD

2013
07.29

DVD de Seran en Romaria web

 

Xa temos á venda o DVD coa gravación do noso I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés «De Serán en Romaría».

 

Unha viaxe pola nosa terra da man de Manolo de Toutón.

Este espectáculo amosa, a través de relatos e postas en escena, as vivencias deste home que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío Serafín, «o gaiteiro do Condado».

Polavilas, romarías, entroidos e moitas outras festas agardante neste DVD, no que pretendemos que disfrutes das nosas tradicións.

 

Para informarte de como conseguilo, ponte en contacto con algún membro da nosa agrupación, ou a través do noso mail traspes@traspes.com.

 

Non demores, pois é unha edición limitada.

 

Agardamos que o disfrutes e poder seguir facendo moitos máis.

 

Your Reply