Comentarios desactivados en Finde IntenSo para PandeReteir@S

Finde IntenSo para PandeReteir@S

2016
12.13

 

Este vindeiro fin de semana será movidiño para os nosos grupos de canto e percusión tradicional, sobre todo para os pandereteiros… Temos concertos o sábado 17 e o domingo 18 😉

 

Primeiramente, o sábado día 17 de decembro, ás 20:30 h., o grupo de Pandereteiros Traspés darán un concerto en As Pontes de García Rodríguez, no Local Social “O Lar”, situado no Poboado As Veigas. Esta actuación será o peche de sesión das Xornadas de Percusión Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e que contará con cursiños impartidos por Gustavo Couto, Kinhos e Chuco.

 
Para máis información sobre estes cursos, podedes pinchar nos seguintes enlaces (tamén hai cursos o domingo 18):
https://www.facebook.com/gaiteirosgalegos/
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=3723%3A2016-12-09-11-34-37&catid=25%3Aagg&Itemid=18

 

Por outra banda, o domingo día 18 ás 19 h., na Rúa Teixugueiras (Navia – Vigo), na rotonda do Froiz, terá lugar o III Vifolk organizado polo Concello de Vigo, no que participarán o grupo de Pandereteiras e o grupo de Pandereteiros Traspés, ademáis de grupos como gaiteiros de Andarela, Algarabía Folk e Pepe Vaamonde grupo.

 

Para máis información sobre  o Vifolk, adxuntamos cartaz…

 

Esperámosvos a todos para despedir o ano con moita música… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

ARRIBA TRASPÉS!!!!

 


x-percusionteo2_web2img-20161213-wa0000

 

 

 

 

 

 

Comments are closed.