Comentarios desactivados en Traspés no Serán_01

Traspés no Serán_01

2018
06.04

 

Esta fin de semana (8, 9 e 10 de xuño), a Asociación Cultural Traspés, estará presente co seu stand sobre o Concurso de Canto e Percusión Tradicional no Serán_01. I Encontro Galego de Cultural Popular: Baile e Música Tradicional, que terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

_O “Serán’01. I Encontro Galego de Cultural Popular: Baile e Música Tradicional” reunirá na Cidade da Cultural de Galicia, entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional, a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.

 

O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. Baixo a dirección artístitca de Quique Peón, o encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

 

Ao longo dos tres días, o Gaiás, acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultural popular e a danza e a música tradicional.

 

Organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración de Agadic._

 

33851527_1829615793765501_783130416763633664_n

 

Comments are closed.