Comentarios desactivados en IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

2021
10.18

Este domingo día 24 de outubro, celebramos o IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.

A cita terá lugar no auditorio do C.V.C. de Valladares. Ás 11 h. a sesión matinal coas categorías A e B, e ás 17 h. a sesión de tarde coa categoría C.

Este acto non sería posible sen o patrocinio e a colaboración por parte de entidades públicas coma a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, e tamén empresas privadas coma Codisoil S.A., Obradoiro de Gaitas Gil, Obradoiro de Gaitas Afonso Castro, Obradoiro de Gaitas Seivane, Instalaciones del Noroeste S.A., Crespo mercería e complementos tradicionais, tenda de roupa tradicional Bulideira e Sandra de Seoane fotografía.

Esperámosvos a todos o domingo!

Comments are closed.