Un 28 de abril onde elexir…

2012
04.24

Este sábado día 28 de Abril, ofrecémosvos dúas alternativas moi apetecibles.
Para comezar, os nosos pandereteiros Traspés, participarán nas Xornadas Folclóricas Atlántida, no auditorio da S.C.D. Atlántida de Matamá (Vigo).
Comezarán as 19.30 horas, compartindo escenario con diversas agrupacións de Vigo e arredores.

Por outra banda, a nosa charanga Traspés, participará na VI Noite de Fiadeiro. Esta edición da Noite de Fiadeiro seguirá sendo na Aldea de Vilavidal (Ramirás) pero cambiará de ubicación. Deixará de ser na Praza de San Andrés, para ser na parte alta do Pobo, na explanada do Bar O Retiro.
Contando cun bo número de participantes/colaboradores.

Xa vedes que hay festa para non aburrirse, así que animádevos.

Your Reply