Este domingo día 7 de outubro, ás 19,00 horas, comezan as xa tradicionais XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, organizadas pola Asociación Cultural Interfolc en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas; o acto de presentación terá lugar no auditorio do CVC de Valadares e actuarán os grupos folclóricos «Tarabelo» da Escola Municipal de Danza, «Lembranzas Galegas» e «Corisco», ademais do coro tradicional «Cantares de Brión». A entrada será libre ata esgotar aforamento.
O sábado 27 de outubro, ás 19,00 horas, terá lugar no auditorio «Mar de Vigo» a final das xornadas, coa participación dos grupos «Andarela» (Vigo), «Colexiata do Sar» (Santiago), «Seixebra» (Moraña) e «Traspés» (Vigo); tamén actuará como invitado o coro tradicional «Cantares de Brión». A entrada será libre ata esgotar aforamento.
Os tres primeiros premios están dotados con 2.000 €, 1.000 € e 500 €, respectivamente.
Agardamos que as disfrutedes e que non faltedes para animar as vosas agrupacións.