Escola
09.01
A Escola da Asociación Cultural Traspés nace coa intención de difundir a cultura tradicional e de servir como nexo entre o aprendido e a realidade cultural da tradición galega. O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia estritamente analizada e debidamente documentada.
O fin da escola é dar a coñecer a cultura galega, empregando todos os medios pedagóxicos ao alcance. Así, sen deixar de empregar a ferramenta didáctica básica da tradición oral, incorpóranse métodos innovadores de aprendizaxe vinculados ás novas tecnoloxías: redes sociais e plataformas de comunicación para o traballo en equipo, xestión de proxectos online, imaxes, audios e vídeos na internet, etc.
A nosa escola está dividida en diferentes áreas:
- ÁREA TRADICIONAL
Baile Tradicional Galego · Canto Tradicional e Pandeireta · Gaita Galega · Percusión Tradicional · Acordeón Diatónico · Requinta · Música tradicional para nenos/as · …
- ÁREA DE MOVEMENTO
Baile Moderno · Bailes Latinos · Danza Africana · Kizomba · Salsa · Bachata · …
- ÁREA DE TRADICIÓNS E OFICIOS
Costura Tradicional e Pasamanería · Patronaxe · Xoiería Tradicional · Bordado ao aire · Cestería · …
- OUTRAS ACTIVIDADES
Linguaxe Musical · Guitarra · Ukelele · Saxofón · Clarinete· …
Horarios curso 2022/2023:
Prezos:
Temos unha reducción de 5 € mensuais no prezo da segunda e sucesivas actividades para as persoas que se matriculen en varias aulas e para membros da mesma familia no primeiro grao de consanguinidade (agás na actividade de baile moderno).
Inscricións:
- Correo electrónico: traspes@traspes.com
- Facebook: traspès
- Instagram: traspess
- Twitter: @trasps1
- Teléfono: 886 116 033
- Oficina: luns de 16 a 17:30 h. e de 21 a 23 h., martes de 12:30 a 14 e de 16 a 17:30 h., mércores de 16 a 18 h. e venres de 17:30 a 19 h.