De Serán en Romaría

2019
03.13

I Espectáculo de Música e Baile Tradicional Traspés


«Este espectáculo achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos, costumes e traballos que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés traslada ao público a case un século atrás a través dos relatos, ou memorias, dunha persoa maior que fai de fío conductor a través dunha retroproxección e nos encamiñará polas súas vivencias ao longo dos seus tempos mozos. Todo isto acompañado de material audiovisual, que axuda a dar este salto no tempo sen dificultade. E así, espertar no espectador todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar».


Representacións:

  • 07 de maio de 2011 no Auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo).
  • 19 de agosto de 2012 no Pavillón «Santa Uxía» de Coroso (Riveira).
  • 25 de novembro de 2012 no Auditorio «Mar de Vigo» (Vigo).

Documentos:

Comments are closed.