deRaíz

2019
03.13

I Mostra de Música e Baile Tradicional Traspés


“DeRaíz é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.
Esta I Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.”.


Representacións:

  • 30 de novembro de 2013 no Auditorio do Teatro-Cine Salesianos (Vigo).
  • 29 de agosto de 2014 na Praza da Casa da Torre (Redondela).

Documentos:

Comments are closed.