Fran Sieira

2019
10.08

Director artístico e director do grupo de baile

Bailador desde os oito anos (ano 1990) no escola do Grupo de Baile e Música Tradicional Trahúme de Riveira (A Coruña). A partir do ano 1997 comeza a súa andaina como bailador titular deste mesmo grupo, e xa no ano 2003 consolida a súa formación como bailador dentro do Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais da A.C.F. O Fiadeiro de Vigo.

No ano 2003 asume a dirección artística do Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, e do ano 2004 ao 2009 pasa a formar parte do equipo de monitores da escola da A.C.F. O Fiadeiro como mestre de baile tradicional. Xa no ano 2009 funda xunto cun grupo de amigos, todos eles cunha importante traxectoria dentro do baile e música tradicional, a Asociación Cultural Traspés asumindo a súa dirección artística.

Dentro da súa experiencia artística cabe destacar a de bailador do espectáculo «Isolma» da compañía GS21 no ano 2007; a de bailador dos espectáculos «Alén da Croa» e «Amizade» da compañía Quique Peón e Cía nos anos 2011 e 2012 respectivamente; e a de bailador no espectáculo «Son» da compañía Nova Galega de Danza desde o ano 2016.

Comments are closed.