Diego Docabo

2019
10.08

Director dos Grupos de Pandereteiras e Pandereteiros

É fundador da Asociación Cultural Traspés, onde dirixe o Grupo de Pandereteiras e o Grupo de Pandereteiros.

Comeza a súa andaina no mundo do folclore galego alá por setembro de 1996 na Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña – Baiona), e dous anos máis tarde comeza a impartir aulas de canto e pandeireta. A partir do ano 2002 entra a formar parte do Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro, é entón, cando comeza co seu traballo de recopilación e investigación da etnografía polas distintas aldeas de Galicia, traballo que segue a desempeñar hoxe en día.

Impartiu aulas de iniciación e perfeccionamento na A.C.F. O Fiadeiro, chegando a dirixir o grupo titular de pandereteiros da asociación. Exerceu de mestre, ademais, en multitude de cursos de iniciación e perfeccionamento de canto e pandeireta e de percusión tradicionais en distintas asociacións, xornadas e para a Deputación de Pontevedra, así como tamén ten feito de xurado en concursos de música tradicional e colaborado cun sinfín de artistas e grupos folclóricos entre os que cabe destacar o cantautor Luis de Portugal, Mulheres do Minho ou Judith R. Cohen.

Na actualidade, ademais de ser o director dos pandereteiros e das pandereteiras do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, e impartir as aulas de canto e pandeireta da mesma asociación, dirixe máis dunha ducia de grupos de baile e pandereteiras repartidos en distintas asociacións do sur da provincia de Pontevedra.

Comments are closed.