Xan Pérez

2019
10.12

Director da Charanga Tradicional

Comezou no mundo da gaita aos 9 anos da man de Fernando Costas na Asociación Folclórica Andarela de Vigo, onde acabou dirixindo o Grupo Instrumental e as Pandereteiras.

Estudou gaita no Conservatorio Mayeusis de Vigo co compositor Ernesto Campos, e requinta con Xosé Liz na E-trad de Vigo, lugar no que cursa actualmente canto tradicional e guitarra folk.

Foi compoñente de formacións destacadas coma a Orquestra Folk SondeSeu, o Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro ou a Banda de Gaitas Xarabal.

Na actualidade é voz e saxofonista en Los Jinetes del Trópico, pandereteiro no Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, e imparte aulas de gaita, requinta, percusión e canto tradicional en distintas agrupacións da provincia de Pontevedra.

Estes últimos anos acadou diferentes premios en concursos de música tradicional e de grupos emerxentes galegos, tamén exerceu de xurado en varios concursos coma o da Asociación Cultural Xacarandaina (A Coruña) e gravou discos e colaboracións con diferentes proxectos.

Comments are closed.