Comentarios desactivados en Horario de verán na oficina!

Horario de verán na oficina!

2021
07.02

No mes de xullo modificamos o horario de oficina, quedando da seguinte maneira:

· Luns de 16 a 18: 30 h.
· Mércores de 16 a 21:30 h.
· Xoves de 19 a 20:30 h.

Para atención presencial en horario diferente, contactar no teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com, ou a través das nosas redes sociais.

Comentarios desactivados en Traspés en San Miguel de Oia

Traspés en San Miguel de Oia

2021
06.18

Este domingo día 20 de xuño, dentro da programación do «Camiño a camiño» do Concello de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará ás 12 h. no Parque Forestal de San Miguel de Oia xunto aos grupos Os Ventos de Comesaña e Monteira.

Esta actividade está coordinada pola Agrupación de Centos Deportivos e Culturais de Vigo.

Ven troulear con nós!

Comentarios desactivados en Ludoteca de Verán

Ludoteca de Verán

2021
06.14

Este ano, e por primeira vez na Asociación Cultural Traspés, ofertamos campamentos de verán para nenos e nenas de 6 a 11 anos.

Esta ludoteca terá lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h., coa posibilidade de ampliar unha hora matinal (de 08:00 a 09:00) e/ou tamén unha hora de fiameira (de 14:00 a 15:00).

O prezo semanal para socios/as da entidade é de 50 euros, e se a inscrición é polo mes enteiro a cantidade a pagar serán 150 €, en caso de non ser asociado/a os prezos son 60 €/semanais ou 200 €/mensuais. Suplemento de 25 € pola hora matinal ou fiameira.

A monitora e impulsora destas aulas é Sandra Gómez, técnica especialista en Musicoterapia, monitora de Ludotecas e Centros de ocio infantil, auxiliar de Xardín de Infancia, monitora de comedor e transporte escolar e asistiu, ademáis, a cursiños de formación sobre a filosofía Reggio Emilia.

Comentarios desactivados en VIII Festival de Baile Moderno

VIII Festival de Baile Moderno

2021
05.31

Este sábado día 5 de xuño ás 19 h., terá lugar no auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral (A Becerreira) o VIII Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Actuarán o grupo de baile moderno da escola da Asociación Cultural Traspés e o grupo FlahsDance do propio Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Vigo).

Animádevos a pasar unha entretida tarde de domingo!

#bailemoderno #aculturaésegura #apoiaacultura

Comentarios desactivados en Semana Santa 2021

Semana Santa 2021

2021
03.24

A vindeira semana, a Asociación Cultural Traspés, permanecerá pechada con motivo das vacacións de Semana Santa.

Nesta ocasión serán desde o día 28 de marzo ata o día 4 de abril.

Para contactar con nós, coma sempre, podesdes facelo a través de correo electrónico, redes sociais, ou no teléfono 886116033.

Pasade unhas boas vacacións e desfrutade o máximo posible!!

Comentarios desactivados en Traspés no Luar

Traspés no Luar

2021
03.04

Este venres día 5 de marzo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés participará no programa Luar da televisión de Galicia.

Atentos ás vosas pantallas!!

#luar1252

Comentarios desactivados en Vacacións de Nadal!

Vacacións de Nadal!

2020
12.21

Desde o vindeiro xoves día 24 de decembro, ata o mércores 6 de xaneiro, a Asociación Cultural Traspés estará pechada, así como tamén estarán de descanso as súas aulas de escola (ámbolos días incluídos).

Para contactar con nós nestes días, podédelo facer a través das redes sociais, correo electrónico ou no teléfono 886 116 033.

Desexámosvos a todos unhas BOAS FESTAS e unha BOA ENTRADA DE ANO!!

Comentarios desactivados en LOTARÍA DE NADAL

LOTARÍA DE NADAL

2020
11.10

Xa temos dispoñible a lotaría de Nadal… O número? o de tódolos anos:

10.536

Son participacións de 5 € e para conseguila podes pasar pola nosa asociación ou poñerte en contacto con calquera dos compoñentes do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.

LEMBRA… SEMPRE TOCA!

Comentarios desactivados en Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal

Resultados do VIII Concurso de Canto e Percusión Tradiconal

2020
10.19

Antes de publicar os resultados do noso VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado onte día 18 de outubro de 2020, no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), queremos reiterar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.

Os patrocinadores desta edición tan especial foron: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.

Por outra banda, os colaboradores: Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Pelomanía by Ani, Bulideira e o artesán Sito Guimeráns.

E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a realizar este dificultoso traballo: Daniela Sampayo Gómez, Xandre Outeiro e José Codesido.

Neste VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:

Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:

1º Premio: A Pedreira, da A.X. Xiradela (Arteixo)
2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
3º Premio: Laretas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Estraloque, da A.V. Emilio Crespo de Navia (Vigo)

Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:

1º Premio: Abaladeiras de Muxía, da A.C. Abaladeiras (Muxía)
2º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:

1º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
2º Premio: Grupo A, da A.C. Retranqueiros (Ames)
3º Premio: Grupo A, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Premio ao mellor vestiario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)

Moitísimas grazas aos 18 grupos pola súa participación e valentía, neste certame con estas condicións tan diferentes e xusto no comezo da volta ás aulas e aos ensaios… PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!!

Comentarios desactivados en VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

2020
10.15

Este domingo día 18 de outubro, celebramos o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.

A cita terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade ás 17 h., e nela participarán tódalas categorías (A, B e C), que comprenden nenos e nenas ata os 11 anos, de 12 a 16 e de máis de 17.

Este evento non sería posible sen o patrocinio por parte da Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.

E tamén contamos coa colaboración de empresas coma Instalaciones del Noroeste S.A., Obradoiro de Costura Saiáns, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Bulideira, PelomaníabyAni, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane e o artesán Sito Guimeráns.

Esperámosvos a todos o domingo nesta edición especial pandemia!

Deixamos por aquí o enlace aos grupos participantes: