O día 19 de xuño ás 12 h. no local social da Asociación Cultural Traspés, terá lugar a Festa de Fin de Curso 2021/2022 no que farán unha pequena exhibición tódolos grupos da nosa escola.
Achégate e troulea con nós!

O día 19 de xuño ás 12 h. no local social da Asociación Cultural Traspés, terá lugar a Festa de Fin de Curso 2021/2022 no que farán unha pequena exhibición tódolos grupos da nosa escola.
Achégate e troulea con nós!
O vindeiro sábado día 11 de xuño, as Pandereteiras Traspés participarán no Gran Foliadón que se organiza dentro da programación do III Encontro Galego de Cultura Popular, Baile e Música Tradicional: pandeireteiras.
O acto comezará ás 22 h. na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Anímate e vén troulear con nós!
Este sábado, día 11 de xuño, o Grupo de Baile Moderno da Escola da Asociación Cultural Traspés, participará no Festival de Danza Moderna que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O encontro terá lugar no auditorio do CSCR de Beade ás 19 h., e tamén estarán os grupos Flashdance de Cabral e O Fiadeiro.
Vén troulear con nós!
Onte, día 22 de maio de 2022, celebramos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
Non podemos publicar os resultados sen antes agradecer o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.
E como non, grazas infinitas a Julia Pozo, María Prego e José Codesido por acceder a exercer de membros do xurado e realizar esa dificultosa tarefa.
Nesta décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os resultados foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: Pituquiñas, da A.C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui)
2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
3º Premio: Mouchiñas, da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: Grupo B, da A.F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Dorrón)
3º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
Premio ao mellor vesitario: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
Millóns de grazas ás 34 agrupacións participantes nesta edición e PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!
O día 22 de maio terá lugar a décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.
Nesta ocasión, o evento terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, e estará dividido en dúas xornadas. Ás 11 da mañá actuarán as categorías A e B, e pola tarde, ás 17 h., a categoría C.
Este acto non sería posible sen o patrocinio e a colaboración por parte de entidades públicas coma a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, e tamén empresas privadas coma Codisoil S.A., Obradoiro de Gaitas Gil, Obradoiro de Gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.
Agardámosvos a todos para celebrar este aniversario concurseiro!!
O vindeiro 14 de maio, as Pandereteiras Traspés actuarán sobre as 19 h. na Carballeira de Chandebrito (Nigrán) na I Foliada solidaria que organiza a Asociación Galega de Lupus.
Os actos comezarán ás 12 do mediodía e haberá actuacións musicais durante toda a xornada.
Vén troulear con nós!
A vindeira semana, a Asociación Cultural Traspés, permanecerá pechada debido ás vacacións de Semana Santa.
Retomaremos a actividade o día 18.
Para poñervos en contacto con nós nestes días, podedes facelo por correo electrónico, teléfono ou redes sociais.
Vémonos á volta!
O 22 de maio do presente ano, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, terá lugar o X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
Coma sempre, realizarase en dúas sesións, a da mañá coas categorías A e B, e a da tarde coa categoría C.
Para a inscrición débese enviar debidamente cuberta a folla adxunta ao correo electrónico traspes@traspes.com, e o prazo para realizar a mesma remata o día 1 de maio.
Achegamos a continuación as bases e a folla de inscrición:
Axudádenos a difundir!!
#concursotraspés
Despois de dous anos sen ela, ao fin chega a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, e como non podía ser doutra maneira, a Asociación Cultural Traspés estará presente co seu posto de comida e bebida, ademais das actuacións musicais por parte das nosas escolas de gaita, percusión e pandeireta, e as seccións musicais do Grupo de Música e Baile Tradicional.
A nosa ubicación este ano é na praza de Eduardo Chao, ao pé do edificio da Deputación Provincial de Pontevedra.
Vén troulear con nós!! Temos moitas ganas de festa, temos moitas ganas de Reconquista!!!
Este domingo día 6 de marzo, a partir das 12:30 h., a Charanga Traspés amenizará a sesión vermú na cafetería da S.C.D.A.M. Atlántida de Matamá (Vigo).
Vén troulear con nós… Ademais haberá pulpeiro…