No mes de xullo modificamos o horario de oficina, quedando da seguinte maneira:
· Luns de 16 a 18: 30 h. · Mércores de 16 a 21:30 h. · Xoves de 19 a 20:30 h.
Para atención presencial en horario diferente, contactar no teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com, ou a través das nosas redes sociais.
Este domingo día 20 de xuño, dentro da programación do «Camiño a camiño» do Concello de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará ás 12 h. no Parque Forestal de San Miguel de Oia xunto aos grupos Os Ventos de Comesaña e Monteira.
Esta actividade está coordinada pola Agrupación de Centos Deportivos e Culturais de Vigo.
Este ano, e por primeira vez na Asociación Cultural Traspés, ofertamos campamentos de verán para nenos e nenas de 6 a 11 anos.
Esta ludoteca terá lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h., coa posibilidade de ampliar unha hora matinal (de 08:00 a 09:00) e/ou tamén unha hora de fiameira (de 14:00 a 15:00).
O prezo semanal para socios/as da entidade é de 50 euros, e se a inscrición é polo mes enteiro a cantidade a pagar serán 150 €, en caso de non ser asociado/a os prezos son 60 €/semanais ou 200 €/mensuais. Suplemento de 25 € pola hora matinal ou fiameira.
A monitora e impulsora destas aulas é Sandra Gómez, técnica especialista en Musicoterapia, monitora de Ludotecas e Centros de ocio infantil, auxiliar de Xardín de Infancia, monitora de comedor e transporte escolar e asistiu, ademáis, a cursiños de formación sobre a filosofía Reggio Emilia.
Este sábado día 5 de xuño ás 19 h., terá lugar no auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral (A Becerreira) o VIII Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Actuarán o grupo de baile moderno da escola da Asociación Cultural Traspés e o grupo FlahsDance do propio Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Vigo).
Animádevos a pasar unha entretida tarde de domingo!
Desde o vindeiro xoves día 24 de decembro, ata o mércores 6 de xaneiro, a Asociación Cultural Traspés estará pechada, así como tamén estarán de descanso as súas aulas de escola (ámbolos días incluídos).
Para contactar con nós nestes días, podédelo facer a través das redes sociais, correo electrónico ou no teléfono 886 116 033.
Desexámosvos a todos unhas BOAS FESTAS e unha BOA ENTRADA DE ANO!!
Xa temos dispoñible a lotaría de Nadal… O número? o de tódolos anos:
10.536
Son participacións de 5 € e para conseguila podes pasar pola nosa asociación ou poñerte en contacto con calquera dos compoñentes do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.
Antes de publicar os resultados do noso VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional, celebrado onte día 18 de outubro de 2020, no auditorio do C.S.C.R. de Beade (Vigo), queremos reiterar o noso agradecemento a patrocinadores e colaboradores.
Os patrocinadores desta edición tan especial foron: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.
Por outra banda, os colaboradores: Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA), Obradoiro de costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Pelomanía by Ani, Bulideira e o artesán Sito Guimeráns.
E por suposto, agradecer aos nosos membros do xurado por acceder a realizar este dificultoso traballo: Daniela Sampayo Gómez, Xandre Outeiro e José Codesido.
Neste VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os premios foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: A Pedreira, da A.X. Xiradela (Arteixo) 2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo) 3º Premio: Laretas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) Accésit de vestiario: Estraloque, da A.V. Emilio Crespo de Navia (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: Abaladeiras de Muxía, da A.C. Abaladeiras (Muxía) 2º Premio: As mosas do Hío, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo) 3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo) Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo) 2º Premio: Grupo A, da A.C. Retranqueiros (Ames) 3º Premio: Grupo A, da escola de muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) Premio ao mellor vestiario: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Moitísimas grazas aos 18 grupos pola súa participación e valentía, neste certame con estas condicións tan diferentes e xusto no comezo da volta ás aulas e aos ensaios… PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!!
Este domingo día 18 de outubro, celebramos o VIII Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.
A cita terá lugar no auditorio do C.S.C.R. de Beade ás 17 h., e nela participarán tódalas categorías (A, B e C), que comprenden nenos e nenas ata os 11 anos, de 12 a 16 e de máis de 17.
Este evento non sería posible sen o patrocinio por parte da Excelentísima Deputación de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a Panadería e cátering El Trigal e Codisoil S.A.
E tamén contamos coa colaboración de empresas coma Instalaciones del Noroeste S.A., Obradoiro de Costura Saiáns, Mercería e complementos tradicionais Crespo, Bulideira, PelomaníabyAni, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane e o artesán Sito Guimeráns.
Esperámosvos a todos o domingo nesta edición especial pandemia!
Deixamos por aquí o enlace aos grupos participantes: